Convocatoria eduMOTIVAcon

Ven, 09/02/2018 - 11:50
Convocatoria eduMOTIVAcon

Este programa educativo ten como obxectivo ofrecer aos centros de ensino non universitario galegos experiencias de diferentes persoeiros de recoñecido prestixio e relevancia na sociedade galega e que destacan en diferentes campos profesionais, para así fomentar no alumnado valores como a motivación, o esforzo, a curiosidade,  o pensamento crítico e o traballo en equipo.

Trátase de fortalecer os procesos de ensino e aprendizaxe que os docentes desenvolven nas aulas a través das distintas disciplinas curriculares ou proxectos nos que traballan co alumnado, con achegas que os complementen mediante charlas, obradoiros ou visitas que cada persoeiro propón.

Plataforma web

Este proxecto dispón dunha plataforma web para dar soporte a toda a información, as experiencias dispoñibles, as que se desenvolven nos centros, as solicitudes e a participación nas redes sociais.

Destinatarios: Centros docentes de ensino non universitario públicos e concertados

Para calquera dúbida: